Campaña UVigo 2026.

 

Cada ano, por estas datas, nesta estapa que remato (2018-2026) desde a vicerreitoría de Comunicación e RRII da UVigo elaboramos unha mensaxe dirixida á nosa contorna, pero sobre todo ao estudantado que se enfronta ás probas de acceso á universidade.

Nesta ocasión facémolo contando unha aventura distinta, a de Monchiño, un vampiro matriculado na UVigo, que convive en harmonía co profesorado e co estudantado nas aulas, no laboratorio, na biblioteca ou no comedor... 

Realidade e ficción mestúranse para amosar unha institución que ten entre os seus fins eliminar as desigualdades por razón de orientación sexual, sexo, idade, discapacidade, raza, etnia, clase ou relixión, para favorecer e garantir a calidade dunha educación inclusiva. 

A intención é transmitir a idea de que cando alguén se achega á Universidade de Vigo, sorprenderase con todo o que esta lle pode ofrecer: unha universidade pública, galega, internacional e sostible, que persegue a excelencia na docencia, a investigación, a transferencia e a innovación, pero sobre todo inclusiva no seu interior.

Baixo o lema «Marcamos a diferenza», a nova campaña de comunicación apóiase na diversidade como elemento fundamental para facer pensar, abrir unha conversación e convidar a matricularse nunha institución onde as persoas medran tanto desde o punto de vista persoal coma profesional.

Porque sexas como sexas, na Universidade de Vigo dámosche a benvida.

#marcamosadiferenza


https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/novas/campana-comunicacion-2026